RETÓRICA BARROCA – Nicolás Ravelli

RETÓRICA BARROCA – Nicolás Ravelli Barreiro
ENTRADAS CON BEBIDA Y REFRIGERIOS -CLICK AQUI-
📍 Centro Cultural Santa Emilia, Mondoñedo
📅 Febrero 28, 2026 · 🕗 20:00 horas
🎫 Entradas en www.santaemilia.es | Tel. +34 644 69 42 80
Nicolás Ravelli dirige este Ensamble Barroco, una propuesta construida en torno a un clave de época: el corazón rítmico y armónico del Barroco, donde la música deja de “acompañarse” y empieza a conversar. La escucha se vuelve cercana, táctil, casi teatral: cada gesto del continuo sostiene y enciende el discurso de las voces e instrumentos.
Formado como pianista y activo también como director y gestor cultural, Ravelli desarrolla su trabajo desde Galicia, con una trayectoria marcada por la creación de proyectos musicales y el trabajo con agrupaciones y formatos escénicos.
El Progreso de Lugo
Ensemble Barroco Terra Nova e coro Kantantibus
Mundus Inversus
Mundus Inversus reúne nun mesmo programa dous mundos que adoitan entrelazarse na España dos séculos XVI–XVII: o das festas populares —feiras, procesións e carnavais— e o da música culta que recolle, transforma e ás veces parodia eses mesmos materiais. O que escoitamos aquí son pezas que soaban tanto en prazas públicas como en salóns nobres: danzas, variacións, formas vocais populares e pezas instrumentais de glosa. A tensión entre o público e o privado, o solemne e o carnavalesco, é precisamente o «mundo ao revés» que propoñemos: a praza entra na sala, e a sala devolve a praza enriquecida pola polifonía.
Programa
Parte I: Instrumental
-
Diferencias sobre “Las Vacas” (Luis Venegas de Henestrosa, século XVI)
-
Una Jácara hispánica (Anónimo, século XVI)
-
Pavana con su glosa (Antonio de Cabezón, século XVI)
-
Bayle del Gran Duque (Fray Antonio Martín y Coll, século XVII)
-
Danza del Hacha (Fray Antonio Martín y Coll, século XVII)
-
Folías echa para mi Señora Doña Tarolilla de Carallenos (Andrea Falconieri, século XVII)
-
Gaitas (Santiago de Murcia, século XVII)
Parte II: Vogal
-
Dindirindín (Cancionero de Palacio, Anónimo, século XV)
-
So ben mi c’ha bon tempo (Orazio Vecchi, século XVI)
-
Tourdion (Anónimo, século XVI)
-
El Fuego (Mateo Flecha el Viejo, século XVI)
-
Dale si le das (Juan del Encina, Cancionero de Palacio, século XVI)
-
Si habrá en este baldrés (Juan del Encina, Cancionero de Palacio, século XVI)
-
Hoy comamos y bebamos (Juan del Encina, século XVI)
-
Un sarao de la Chacona (Juan de Arañés, século XVII)
Festas, entroido e música: un fío para entender o programa
Na España da primeira Idade Moderna as festas comunitarias (Corpus, celebracións patronais, entroidos locais) integraban rito, teatro, danza e música nun mesmo espazo. O repertorio festivo era moi variado: desde bailes cortesáns ata vilancicos, danzas de oixe popular e incluso escenas teatrais. Moitas formas musicais, como os pasacalles, as chaconas, as xácaras ou as folías, circulaban libremente entre ámbitos, adaptándose ao conxunto musical dispoñible e ás necesidades da ocasión. O entroido barroco partillaba ademais esa atmosfera de inversión social: máscaras, desfiles, sátiras e licencias que a música reflectía con humor, ritmo e contraste.
Diferencias
As diferencias son variacións escritas sobre unha melodía preexistente. En España convertéronse nunha práctica fundamental para instrumentos de tecla e para conxuntos: tomar unha melodía coñecida ou un canto popular e transformalo mediante glosas, adornos e cambios de figuración. As “Diferencias sobre ‘Las Vacas’” son un exemplo claro desta tradición renacentista de creatividade sobre materiais comúns.
Xácara
A palabra “xácara” vén probablemente de jaque (pícaro, rufián, valentón) e orixinalmente era un romance ou canción satírica popular que narraba as fatalidades ou aventuras dos “jaques”: rufiáns, pícaros, proxenetas, ladróns, prostitutas etc. As historias eran contadas con humor e groserías, usando a lingua popular, moitas veces con intención crítica ou burlesca. Foi logo asumida polo teatro do Século de Oro pasando a ser un xénero teatral: canto, palabra, ás veces danza, representado durante os entreactos ou como entremés. Co tempo converteuse tamén nun xénero musical propio, para voz, instrumentos solistas ou conxuntos. A xácara deste programa titúlase “No hay que decir el primor” e é unha das máis populares da época.
Pavana
A pavana foi unha danza cortesá do Renacemento especialmente popular nos séculos XVI e comezos do XVII. O nome probablemente deriva de “padovana” (Padua) ou de “pavón”, en alusión á solemnidade dos movementos. Empregábase como danza de apertura en bailes cortesáns, cun paso grave e digno. No ámbito hispánico, compositores como Antonio de Cabezón empregárona como base para glosas e variacións, creando un contraste entre a gravidade do tema e o virtuosismo ornamental.
Folías
A Folía é un dos temas musicais europeos máis antigos e perdurables. O nome aparece xa a comezos do século XVI, con referencia literaria en Gil Vicente. Probablemente tivo orixe popular na Península Ibérica. Un dos exemplos máis antigos asociados á folía aparece no Cancionero de Palacio (1470–1500). Ao longo de tres séculos máis de 150 compositores empregárona como base para variacións e improvisacións. A folía deixou de ser só danza popular para converterse nun arquetipo musical cultivado, ponte entre tradición popular e música culta europea. A elección dunha folía barroca como a de Andrea Falconieri reúne tradición histórica, espírito popular e sofisticación instrumental.
Ensalada
A ensalada é un xénero musical polifónico peninsular que mestura diferentes estilos, linguas e texturas nunha mesma peza. Inclúe madrigal, villancico, romance, danza e elementos litúrxicos ou profanos. As linguas máis frecuentes son castelán, catalán, portugués, italiano e latín. Conservamos dezaoito ensaladas do século XVI, máis da metade de Mateo Flecha o Vello, considerado o gran referente do xénero. A pesar do número limitado conservado, foi un xénero de gran popularidade.
Chacona
A chacona é unha danza popular española de finais do século XVI, en metro ternario e con variación continua sobre un baixo ostinato. Expandíuse por Europa e foi adoptada por Italia, Francia e Alemaña. Juan de Arañés compuxo a famosa chacona “A la vida bona” ou “El sarao de la chacona”, publicada en Roma en 1624 no seu Segundo de tonos y villancicos. A letra, en castelán popular do XVII, é unha sátira social festiva.
Outras danzas e pezas vocais
O Tourdion é unha danza viva de orixe francesa difundida por Europa. A Danza del Hacha parece proceder de danzas de Entroido con antorchas; a súa primeira versión coñecida é de Gaspar Sanz. O Bayle del Gran Duque, compilado por Martín y Coll, baséase no Ballo del Granduca de Adriano Banchieri. As “Gaitas” de Santiago de Murcia, do Códice Saldívar, evocan ritmos festivos adaptados a diferentes conxuntos. As pezas vocais de Juan del Encina combinan polifonía e lirismo popular. “Dale si le das”, “Si habrá en este baldrés” e “Hoy comamos y bebamos” representan o espírito festivo do Renacemento español, convidando á participación, á alegría e á celebración colectiva.
Sobre Director Artístico
Nacido en Buenos Aires (Argentina), Nicolás Ravelli es director de orquesta y pianista. Tras su formación inicial y su desarrollo profesional, se estableció en Galicia, donde ha impulsado y dirigido proyectos musicales, incluyendo iniciativas asociativas y trabajo artístico en Lugo.
Más información: nrbconductor.com
Experiencia Santa Emilia
En el entorno histórico del Palacio Santa Emilia, el Barroco encuentra su escala natural: proximidad real, acústica íntima, arquitectura con memoria y una copa de vino selecto acompañada de aperitivo como prolongación estética de la velada.
Reserva tus plazas
Solo 100 asientos (por espacio en salón histórico)
Acceso anticipado para clientes de Santa Emilia
Detalles prácticos:
Fecha: Sábado, 28 de Febrero de 2026
Hora: 20:00 h
Lugar: Santa Emilia, Mondoñedo (Galicia)
Entradas: santaemilia.es/producto/noche-de-cultura-en-santa-emilia
